Autor:
Camilo P. Iglesias
Ranking en Amazon: #342961
(ayer: #339940)
Páginas: 289
Descripción:
¿E se...?
¿E se unha tormenta solar deixa todo o mundo sen electricidade?
¿E se quedamos sen comunicacións, sen transporte, sen enerxía, sen goberno?
¿Que fariamos daquela?
¿Que farías daquela?
'Vento do Sol' é unha obra de ficción que tenta responder todas esas preguntas. É unha novela, e ó mesmo tempo son tres novelas: dunha banda temos un profesor de física que decide afrontar dunha maneira independente o panorama que deixa tras si a tormenta solar; doutra banda, veremos a loita dunha familia de agricultores por sobrevivir na nova situación, e finalmente, coñeceremos un xeneral do exército que tenta manter o control e a orde, iso mentres o mundo se esborralla darredor de todos eles.
Partindo dun argumento de ciencia-ficción, o autor Camilo P. Iglesias constrúe unha novela de aventuras, pero tamén de política-ficción, ó tempo que invita a reflexionar sobre a tecnificación, a deshumanización e a evolución da sociedade actual, achegando unha perspectiva histórica e unha visión do que representaría perder todo aquilo que damos por seguro no mundo moderno. Aínda que conta con referencias ó ámbito nacional ou internacional, a acción desta novela céntrase en Galicia, onde se tenta a recuperación de vellos usos e costumes como saída á crise: veremos como se instaura o racionamento, como as terras volven ser traballadas por animais de tiro, ou como os trens de vapor do Museo de Monforte volven ás vías, mentres as praias de Riazor e do Orzán se converten en salinas. Pero todos os esforzos por manter a orde revélanse inútiles, e ó tempo que a conflitividade se espalla a nivel global, as rúas da Coruña tínguense de sangue nunha dura batalla pola posesión dos depósitos da refinería de petróleo.
En definitiva, 'Vento do Sol' é unha novela para ler e para pensar, porque, malia estar inmersos nunha crise como a actual, as cousas sempre poden ir a peor... Iso si, conta coa garantía "0% ZOMBIES".