Autor:
Avel·lí Artís_Gener
Ranking en Amazon: #137464
(ayer: #123045)
Páginas: 360
Descripción:
A novela Palabras de Opotón o Vello, de Avel.lí Artís i Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX. Ambientada en Galicia, o autor quixo darlle a volta á historia nunha ficción en que seis canoas aztecas parten de México no ano 1498 en dirección a Galicia para descubriren o novo mundo. Situada cronoloxicamente pouco antes do xenocidio de América, a novela fabula desde a ollada inocente ou desconfiada coa que os aztecas observan e interpretan os costumes e a vida galega de finais da Idade Media.Denunciando o feito de que un pobo se poida erixir en conquistador e dominador doutro, Avel.lí Artís i Gener parte do coñecemento das linguas propias de México, como o náhuatl, para realizar un xogo de espellos que deslumbra nunha novela chea de humor, magnificamente traducida por Eduard Velasco, e que supón unha férrea defensa da liberdade dos pobos e da convivencia das culturas.