Autor:
Leo G.Paz
Ranking en Amazon: #192064
(ayer: #191832)
Páginas: 296
Descripción:
Un mundo novo, renacido após unha cadea interminable de crises económicas e a postremeira Gran Pandemia.
A Humanidade foi consciente da necesidade de mudar, nun desenvolvemento científico e tecnolóxico sen precedentes: enerxías limpas, reciclaxe integral, bioenxeñería, os novos materiais, a colonización do espazo, crecemento sostible, a feroz robotización...
...o planeta convertérase nun paraíso para os superviventes.
Mais un terrible acaecemento viña desafiar, outra volta, a capacidade de subsistencia da nosa especie...
Ambientada nun futuro relativamente próximo, a miña novela podería ser catalogada, nunha primeira ollada, coma de "Ciencia-Ficción catastrofista" clásica, das de toda a vida, pero vai máis alá:
-Téntase respectar rigorosamente os preceptos científicos, tanto a tecnoloxía actual como a que previsiblemente imos ter dentro dalgún tempo, polo que eu a cualificaría mellor coma de "Ficción Científica".
-Xustamente, un dos temas principais da novela é o "Milenarismo Tecnolóxico" ou a competencia entre os seres humanos e uns robots extremadamente intelixentes, e, inda máis, empáticos.
-Mais, lonxe de ser unha obra densa, incorpora moita acción trepidante, suspense, romance, mesmo fulgores de humor e erotismo... se mo permiten, é unha novela moi "sexy".
Lese moi rapidamente, e, na miña modesta opinión, os derradeiros, e sorprendentes, capítulos deixan ó lector con ganas de saber máis.
Espero, confío, que lles agrade. Saúdos, soñadores!
Leo G.Paz
leogpaz.2ya.com