SALVANTOR: - Libros para Kindle - Buscar libros:

Magyar Posta (Galician Edition)



Autor: Paulo Naseiro
Ranking en Amazon: #0 (ayer: #0)
Páginas: 84

Descripción:
«Magyar Posta» é a ópera prima dun autor galego descoñecido para o grande público, pero que conta cunha ampla labor como articulista en diversos medios da terra.A novela ten unha orixinal trama, que transcorre a cabalo entre a Galicia da actualidade e a Hungría dos anos cincuenta, enmarcada en medio século de Historia nada baladí. Nela asistimos á peripecia vital dun xove escritor que comeza a pescudar na vida de dous personaxes vencellados coa revolución que tivo lugar no país maxiar en 1956 en contra do totalitarismo soviético.

Esa historia, que aterriza nas súas mans a través dunhas cartas atopadas case por casualidade, fai que, sen el mesmo decatarse, se vaia abrindo unha fenda irreparable que rematará co afondamento insospeitado do protagonista nas súas propias orixes.

O proceso de investigación no que se mergulla, narrado de xeito ameno aínda que con xenerosidade de detalles, contrapuntease no libro coa peripecia dos dous húngaros, Pal e Zsofía, que ven truncada a súa historia amorosa co fracaso da devandita Revolución, e cos feitos íntimos dos propios protagonistas: o xove escritor, a súa moza, algúns familiares e outros personases singulares que pululan pola trama. A organización da novela, ese xeito de entretexer diferentes historias, é tan precisa (dende o comezo consigue iso tan difícil que é atrapar o ánimo do lector) que custa engadir máis por medo a revelar o final inesperado.





Salvantor - Web especializada en libros para el Kindle de Amazon. Rankings y comentarios sobre libros. Privacidad
Como afiliado de Amazon yo ingreso por compras adscritas.
Amazon y el logotipo de Amazon son marcas comerciales de Amazon.com, Inc. o de sociedades de su grupo.
Cierto contenido que aparece en esta web proviene de Amazon EU S.à r.l. Este contenido se provee "tal cual" y está sujeto a ser cambiado o eliminado en cualquier momento.