SALVANTOR: - Libros para Kindle - Buscar libros:

As sete mortes de Leopoldo Pardo (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book) (Galician Edition)



Autor: Jorge Emilio Bóveda
Ranking en Amazon: #276842 (ayer: #276870)
Páginas: 168

Descripción:
Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia?
Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en "Asasinato no centro comercial" e continuadas en "A morte vén en chancletas".
«"As sete mortes de Leopoldo Pardo" é unha das mellores obras do autor ourensán, na que se conxugan a ironía, un pouso tolo de obras de Vicente Risco e Curros Enríquez, e unha análise revelada da putrefacción nos comportamentos sociais de hoxe en día.» (Herminio Espada Gómez)
«Unha revisión moderna do "Divino Sainete", unha homenaxe secreta á novela "Drácula", chea de simbolismos e chiscadelas a dúas culturas: a galega e a popular. En definitiva, outra xanela aberta nas letras galegas.» (Francisco Roque Brito)





Salvantor - Web especializada en libros para el Kindle de Amazon. Rankings y comentarios sobre libros. Privacidad
Como afiliado de Amazon yo ingreso por compras adscritas.
Amazon y el logotipo de Amazon son marcas comerciales de Amazon.com, Inc. o de sociedades de su grupo.
Cierto contenido que aparece en esta web proviene de Amazon EU S.à r.l. Este contenido se provee "tal cual" y está sujeto a ser cambiado o eliminado en cualquier momento.